Tatum tamén viaxa a Xúpiter

0
196

O protagonista de G.I. Joe Channing Tatum ven de confirmar que se uniu ao reparto do vindeiro filme dos irmáns Wachowski, o filme de ciéncia-ficción Jupiter Ascending.

Tatum dixo nunha entrevista á canle de televisión MTV que “vai ser un filme de acción louco dos directores de Matrix. Van reinventar a roda mentres a acción continúe, unha e outra vez“.

As novas chegan xusto despois de que un rumor a semana pasada dera por certo que o argumento deste filme, até agora mantido nun segredo total, ten algo que ver con formas de vida moi evolucionadas noutros planetas que están a nos observaren. E esas formas de vida teñen algo de ADN humano e animal.

Segundo este rumor, polo de agora non desmentido, Mila Kunis interpretará a unha inmigrante rusa e encargada da limpeza dos servizos que sen sabe-lo ten “a mesma estrutura xenética cá raíña do Universo e é asemade unha ameaza para quen doutro xeito governaría para sempre”. Un cazador de recompensas (Tatum) será enviado coa misión de mata-la, pero os dous namóran-se.