Star Wars na tele, para maiores

877

O proxecto de série de televisión con acción real da Guerra das Galáxias leva en desenvolvemento xa case catro anos, pero onte as novas trouxeron información relevante sobre o que opina o produtor da Lucasfilm Rick McCallum sobre o tón, o estado actual do proxecto a as súas posibilidades económicas de saír adiante.

Polo de agora, segundo McCallum “pasamos tres anos e médio traballando e xa hai guións totalmente rematados para 50 horas… Ben, son todos guións revisados e probabelmente levará un ano de preparación antes de que a rodaxe poida escomezar, pero iso é porque son moi complexos“.

Unha grande preocupación é o contido da série, e se será ou non apta para todos os públicos. A resposrta está clara nese senso: “Estas histórias son para adultos. Quero dicir… son coma Deadwood no espazo. Son moi distintas a calquera outra cousa que algunha vez puiderades asociar con George en relación á Guerra das Galáxias. Non son para nenos. Quero dicir, esperamos que as vexan, pero non está dirixido a nenos de 8 ou 9 anos“.

O factor principal polo que o proxecto non está xa feito é o seu custe: “A situación que temos é que cada episódio, ou se pos dous episódios dunha hora de duración xuntos, é mais grande que calquera filme que fixeramos antes. Está no nivel de Avatar e só temos 5 ou 6 millóns de dólares para gastar en cada episódio“.