Amazon.com, Inc. ven de anunciar que o lendário creador de Hellraiser, o director e novelista Clive Barker, vai-se encargar persoalmente de reescribir o guión do proxecto de filme de terror Zombies vs. Gladiators para a Amazon Studios.
Baseada na antiga Roma, a história ábre-se cando un chamán que está por morrer no Coliseio lanza un meigallo que ceiba aos primeiros zombis da história. E deberá ser un gladiador quen deteña a vaga da horda zombi e salve ao mundo.
Roy Price, da Amazon Studios, dixo que “estamos encantados de ver como Clive engadirá a súa narración única para capturar a eséncia desta história e impulsar o proxecto para facer algo único e orixinal que poida algún dia ser disfroitado por todos os públicos“.