Mark Frost descubre a Profecía do Paladín

0
206

A Reliance Entertainment e mais a Kintop Pictures veñen de se facer conxuntamente cos dereitos para levar ao cinema The Paladin Prophecy, a nova triloxía de novelas para adolescentes do co-creador de Twin Peaks, o guionista e produtor Mark Frost.

A história narra as aventuras de Will West, un rapaz que ten moito coidado de vivir sen que ninguén lle pida contas. Por insisténcia de seus pais, asegúra-se de obter sempre uns resultados mediocres e de ficar sempre no médio no seu grupo. Pero daquela, a súa pantalla fica ao descoberto cando por accidente sáe-se fóra dos rexistros nos resultados dun exame a nivel nacional.

Agora Will será escoltado até un coléxio moi exclusivo, e perseguido por homes que conducen sedáns negros. Cando de súpeto perda aos seus pais, deberá fuxir do coléxio e comezará a explorar todo o que é capaz de facer, características físicas e mentais que semellan imposíbeis, e aprende que as súas habilidades están vencelladas a unha titánica loita entre o ben e o mal que leva desenvolvéndo-se milénios.

A Reliance será a encargada de adaptar o guión do primeiro libro xunto con Frost, co obxectivo de que o filme comece a se producir a partir do ano que ven e poida-se estrear en 2014. Deepak Nayar será o produtor.