Os Russo queren dirixir ao Capitán América

0
195

Os irmáns Joe e Anthony Russo veñen de entrar en negociacións coa Marvel Studios para se encargaren de dirixir a vindeira secuela de Captain America: The First Avenger.

Ainda que foron os responsábeis da comédia de 2007 protagonizada por Owen Wilson You, Me and Dupree, a parella é coñecida sobre todo polo seu traballo no eido televisivo e concretamente nas séries Community e Happy Endings.

De se faceren co posto, os Russo gañarían a George Nolfi (The Adjustment Bureau) e F. Gary Gray (The Italian Job), os outros dous candidatos que optan á cadeira de director. Joe Johnston foi o realizador da primeira entrega.

Captain America 2 está programado para unha estrea que non se producirá até o 4 de abril de 2014.