A Liga da Xustiza atopa guionista

0
179

Mentres que a Marvel está a facer-se de ouro grazas ao éxito de The Avengers, non debe ser unha sorpresa para ninguén que os seus arquirrivais da DC Comics estean a se esfregar os ollos sen dar creto a tal fervenza de cartos.

Pero seica xa están a preparar algúns movementos e para elo contan con Will Beall, o guionista do filme ainda por estrear Gangster Squad, que está xa a traballar nun novo libreto baseado nos cómics da Liga da Xustiza, o grupo de superheroes que inclúe aos persoaxes mais famosos da DC: Batman, Superman, Flash, Wonder Woman e Lanterna Verde.

Beall ten ainda que entregar o seu guión, que deberá poñer-se na ringleira de proxectos que está a escribir, porque entre outros tamén é o encargado do remake de Logan’s Run e mais do relanzamento de Lethal Weapon.

Hai uns anos George Miller presentara un proxecto para facer un filme sobre a Liga da Xustiza, que ían protagonizar Armie Hammer, Adam Brody e Megan Gale, pero os estudos decediron non lle dar a luz verde e toda a ideia veu-se abaixo antes de que escomezara a rodaxe.

A DC non semella estar a sacar partido dos seus superheroes, e así Michael Goldenberg (Green Lantern, Harry Potter and the Order of the Phoenix) traballou nun proxecto para unha longametraxe de Wonder Woman, pero é outra das ideias que ficaron totalmente paralizadas e ninguén soubo mais delas.

A única excepción a tanto proxecto fracasado é Batman, quen da man de Chris Nolan estreará novo filme en xullo, The Dark Knight Rises, mentres que o Superman de Zack Snyder en Man Of Steel terá que agardar até o ano que ven para chegar ás slas de cinema. Outros proxectos da DC, con persoaxes coma Flash, Lobo e Spy vs. Spy están ainda nas súas primeiras fases de desenvolvemento e é dubidoso que poidan pasar dalí.