A xente das dez en punto

1021

Tom Holland (Child’s Play, Fright Night) ven de asinar o contrato polo que se converte no guionista e director do filme que adaptará á pantalla grande o conto de Stephen King The Ten O’Clock People.

A história vai sobre un home de Boston que está tentando deixar de fumar, polo que durante un tempo sofre un desequilíbrio químico que lle permite ver cousas que os demais non poden, e coma resultado decatará-se de que hai moita xente que ten posicións de poder importantes na nosa sociedade que son en realidade monstros demoníacos que se fan pasar por seres humáns.

O conto foi publicado por primeira vez en 1993 na escolma Nightmares And Dreamscapes, que tamén contén outros relatos coma The Night Flier e Dolan’s Cadillac, ambos xa adaptados ao cinema. En 2006 outros cinco contos dese mesmo libro tiveron unha versión televisiva que emitiu a canle TNT.

Holland e King colaboraran xa anteriormente na adaptación ao cinema da novela Thinner e na minisérie para a televisión de The Langoliers. A rodaxe deste novo proxecto escomezará xa este mesmo verán.