Samuel L. Jackson entra en Robocop

777

Samuel L. Jackson (a quen vimos recentemente coma Nick Fúria en Avengers) ven de se unir ao reparto do remake que José Padilha está a preparar do filme Robocop para a MGM e mais a Sony Pictures.

Joel Kinnaman (The Killing) é o protagonista no papel de Alex Murphy, un policía que após de morrer nun acto de servizo é resucitado e convertido nun policía cyborg, coa axuda dun científico, o persoaxe que interpretará Gary Oldman.

Jackson fará de Pat Novak, un carismático propietário de médios de comunicación e unha forza poderosa no mundo de Robocop. A rodaxe escomeza en setembro en Toronto.