Mentres que Christian Bale dicía o outro día que está disposto a participar noutro filme de Batman, sempre e cando Chris Nolan fose novamente o director, o aludido botou abaixo toda esperanza ao ser preguntado nunha recente entrevista.
Cando lle preguntaron se podería facer outro filme de Batman, Nolan foi claro: “Non. Principalemente, porque son supersticioso, pero lle dixen ao meu irmán [Jonah Nolan] que non queria salvar ren. Nunca estamos nunha traxectória específica, pero eu sempre vin a história de Bruce Wayne en tres partes. Non quería retomar ren. Coido que aprendes moito do público. Non sabes o que fixestes até que o pós aí fóra“.
Ainda que The Dark Knight Rises pecha unha triloxía para este director de 41 anos, o realizador británico non amosa sinais de querer parar agora. A pasada semana chegaron novas de que vai abandoar a dideia de facer un filme biográfico sobre Howard Hughes pero que estaría aberto a dirixir algunha película da franquía de James Bond.
En tal caso, Nolan dixo: “debería ser a situación axeitada e o intre axeitado no ciclo das cousas“. Estas verbas xa desataron os rumores de que Nolan podería entrar na franquía en canto Daniel Craig remate o seu contrato e deixe de ser o axente 007.