O protagonista da série de televisión Chuck, Zachary Levi, está a negociar a súa entrada na secuela de Thor sustituíndo a Josh Dallas no reparto desta longametraxe.
No primeiro filme Dallas fixo o papel de Fandral, ún dos Tres Guerreiros (o loiro con barba de chivo) pero os seus compromisos de axenda para a série de televisión da canle ABC Once Upon a Time impíden-lle agora repetir o papel.
Levi xa estivo entre os candidatos para se facer co papel no filme orixinal de 2010 pero daquela foi el quen tivo que dicir que non por mor do seu calendário de rodaxes. Alan Taylor (Game of Thrones) será o director desta secuela que ten previsto escomezar a se rodar en xullo.