Os heroes da Marvel en anime

965

Os 4 Fantásticos en mangaA Marvel ven de asinar un contrato coa produtora de anime (debuxos animados xaponeses) Madhouse para crear unha nova liña de animación para o mercado xaponés na que aparezan os superheroes dos seus cómics.

As primeiras catro séries xa debutarán en 2010 na Animax, unha canle adicada ao anime e que emite 24 horas. Para atraer millor aos fans xaponeses, os superheroes da Marvel, incluindo a Iron Man e Lobeto, serán redeseñados con fasquía manga e con novos trasfondos que os acheguen á cultura e á história xaponesas.

Creada en 1972, a Madhouse xa traballou con moitos dos autores de anime xaponeses de máis sona, coma Satoshi Kon, Katsuhiro Otomo, Yoshiaki Kawajiri ou Rintaro (Hayashi Shigeyuki).

A compañía matriz da Madhouse é a Index, un conglomerado multimédia cunha forte presenza no negócio dos teléfones móbiles. Os seus sócios tamén planean explotar as novas séries de debuxos animados para crear servizos de telefonía móbil, así como a fabricación de artigos cos persoaxes e merchandising de todo tipo.