Lindelof escribe novas tomas de World War Z

1049

O responsábel da série Lost e guionista da decepcionante Prometheus, Damon Lindelof, será o encargado de re-escribir o guión da problemática longametraxe da Paramount World War Z.

Ainda que o filme xa foi rodado, a película dirixida por Marc Forster deberá pasar por várias semanas de novas tomas en setembro ou outubro, un tempo extra de rodaxe que obrigou ao filme a adiar a súa estrea dende nadal deste ano até o mes de xuño de 2013.

Polo que se comenta, o traballo de Lindelof estará enfocado no terceiro acto da película. Brad Pitt, Mireille Enos e James Badge Dale son os protagonistas deste filme, baseado no libro supervendas homónimo de Max Brook.