O rápido regreso de Branca Neves

0
148

A Universal Pictures está a manter contactos co director da recentemente estreada Snow White And The Huntsman, Rupert Sanders, para que repita o seu traballo nunha secuela que os estudos xa teñen en mente.

Sanders estaría interesado, pero dado que o seu contrato non lle obriga a regresar e os estudos non se fixeron con ningunha opción de exclusividade (non coma no caso dos actores, que asinaron por dúas secuelas) tentará negociar o seu soldo á alza. De todos os xeitos, polo de agora non se lle coñece ningún outro proxecto en marcha.

David Koepp foi contratado o pasado mes de abril para escribir o guión da secuela. A primeira parte tivo unhas críticas non moi positivas, pero o público respondeu ben no despacho de billetes e o filme recadou 118 millóns de dólares en todo o mundo tan só na súa primeira semana de exhibición.

Así pois, mentres os cartos segan chegando, o orzamento de 180 millóns de dólares semella compensado e podería facer posíbel unha segunda parte cun presuposto mais ou menos semellante.