As Tartarugas Mutantes, en marcha este ano

0
156

O filme que relanzará ás Tartarugas Mutantes da man de Michael Bay comezará a se rodar a finais deste ano. O filme será con acción real pero as tartarugas serán creadas con captura de movementos e gráficos xerados por computador, coma no caso de Rise of the Planet of the Apes. Jonathan Liebesman dirixirá a partir dun guión de Josh Appelbaum e André Nemec.