Shane Acker mergúlla-se no Profundo

0
173

Shane Acker (o responsábel de 9) ven de se asociar coa produtora irlandesa Brown Bag Films e mais coa empresa de videoxogos Valve (autores de Half-Life e Portal) para rodar unha nova longametraxe de acción e aventuras que levará por título Deep.

Ambientada nun mundo post-apocalíptico, todo o que ficou da humanidade foron uns poucos supervivintes que se puideron agochar no interior de enormes barcos afundidos no fondo do mar. Sullivan, un capitán dun submarino nuclear, entra en contacto cun grupo escindido de intelixéncia científica superior que teñen o poder de salvar a Terra, pero a un terríbel custe.

Jack Barton Mitchell escribiu o guión para este filme, cuxo orzamento inicial é de 18,7 millóns de dólares e que contará coa produción de Darragh O’Connell e mais Gregory R. Little.

As tecnoloxías e ferramentas da Valve, nomeadamente o seu famoso software Source, serán utilizadas para facer as renderizacións en tempo real, edición, animación simplificada de persoaxes e iluminación económica desta película.