A peluxe da que están feitas as lendas

0
160

Pete Candeland será o director e Shawn Christensen (Abduction) escribirá o guión da adaptación ao cinema da série de cómics Stuff of Legend para a Disney Pictures.

O cómic, publicado pola editorial Th3rd World Studios, conta con guión de Mike Raicht e Brian Smith e con debuxos de Charles Paul Wilson III. A história vai sobre un neno que en 1944 é secuestrado polo Boogeyman (o equivalente ao noso Home do Saco ou Sacaúntos) e levado a un misterioso reino chamado A Escuridade, ao que se chega a través do interior do armário da súa habitación. O osiño de peluxe do rapazolo escomezará a partir daquela unha busca coa misión de rescatar ao seu amo.

Transformadas en criaturas enormes e áxiles, os xoguetes, ainda superados en número, desatan unha guerra contra as forzas do Boogeyman. O filme rodará-se con acción real pero ambientado nun mundo de gráfico sxerados por computador, tal e coma fixera Tim Burton no seu filme do ano pasado Alice in Wonderland.

Candeland é o creador e director dos vídeos musiciais do grupo The Gorillaz e mais recentemente chegou a un acordo coa Disney para adaptar ao cinema o parque temático de Disneylándia Mr. Toad’s Wild Ride.