Haberá unha segunda Muller de Negro

0
164

A Hammer Films ven de revelar o argumento oficial do que será a vindeira segunda entrega do seu éxito deste ano The Woman in Black, un filme de terror protagonizado por Daniel Radcliffe que mália o seu baixo orzamento acadou un mais ca salientábel éxito no despacho de billetes. Jon Croker, que na primeira parte traballou coma editor, será o encargado de escribir o guión.

A história escomeza cando o governo fai-se cargo de Eel Marsh Harsh para converte-lo nun hospital mental militar durante a Segunda Guerra Mundial. A chegada de soldados con problemas psicolóxicos fará que os vellos pantasmas que viven na mansión esperten unha vez mais.

Eve, unha fermosa e xoven enfermeira, é enviada á mansión para coidar dos seus pacentes, pero alí decáta-se de que deberá loitar contra algo mais que os seus demos internos. Mália os esforzos de Eve por detér á pantasma, os soldados irán caendo un por un vítimas do malvado espírito.

Polo de agora non hai ningún director vencellado ao proxecto.