Vampiros na selva de Cambódia

0
186

O realizador e guionista canadiano Alain DesRochers (Nitro, 2007) será o encargado de dirixir o filme de acción e vampiros na xungla titulado The Rising para a Millennium/Nu Image.

Inspirada en heroes do pulp coma Doc Savage ou Tarzán, a história vai sobre unha equipa de mercenários que entran na xungla de Cambódia para buscaren a unha persoa desaparecida, pero alí axiña decátan-se de que a súa misión converteu-se nun descenso ao inferno cando deban enfrontaren-se a un arrepiante vampiro.

Paul Sloan escribiu o guión deste filme o ano pasado, e Richard Salvatore e mais Bryan Brucks son os produtores.