Hugh Laurie podería ser o vilán de Robocop

0
157

Hugh Laurie, o protagonista da recentemente rematada série de televisión House, está a negociar a súa participación no reparto do remake de Robocop que dirixirá o brasileiro José Padilha na MGM para facer o papel do vilán da película.

Joel Kinnaman será o principal intérprete deste filme no papel de Alex Murphy, o axente que é resucitado para se converter nun cyborg oficial de policía.

Se aceptar o papel, Laurie interpretaría ao malvado e billonário CEO da Omnicorp, a compañía que fabrica a Robocop. No filme orixinal, este papel foi representado por Ronnie Cox.

No reparto xa figuran outras estrelas de renome: Gary Oldman será o científico que crea a Robocop e Samuel L. Jackson un magnate dos médios de comunicación.