Hideo Nakata visitará o Bosque dos Suicidas

620

O realizador xaponés Hideo Nakata (Ringu, The Ring Two) será o encargado de dirixir unha versión que adaptará con acción real á pantalla grande a novela gráfica The Suicide Forest, publicada pola editorial IDW en 2011 e que conta cun guión de El Torres e con debuxos de Gabriel Hernandez, a mesma equipa de autores españois responsábel de The Veil.

A série, de catro números, narra a história de Aokigahara, un enorme bosque ás afóras de Tóquio que é famoso e ntodo o mundo por ser o lugar a onde moita xente vai suicidar-se. Rumoréa-se que os espíritos dos suicidas rondan entre as árbores.

Un expatriado americano que vive na capital xaponesa e cuxa moza suicidou-se no lugar deberá pedir a axuda dun garda forestal de Aokigahara para se poder ceibar das poutas do espírito da súa amada, que está a enmeiga-lo. Segundo Torres, é un pouco mais un drama psicolóxico có seu anterior traballo, e é mais tráxico.

Polo de agora os produtores Roy Lee e Taka Ichise están a procurar un guionista que se poida encargar da adaptación.