Brent Spiner úne-se a Warehouse 13

0
176

Brent Spiner e Saul Rubinek xa se veron as caras nun episódio clásico de Star Trek: a nova xeración nos anos 90, pero agora terán ocasión de repetir o enfrontamento noutra série de televisión: Warehouse 13.

Spiner unirá-se ao reparto da série da canle Syfy a partir do 23 de xullo (co escomezo da cuarta tempada) e alomenos durante seis episódios fará o papel do irmán Adrian, o líder unha seita supersecreta coñecida coma a Irmandade dos Cabaleiros do Diamante Negro.

O argumento recollerá os anacos que deixou o explosivo remate da terceira tempada, no decurso da cal o almacén que dá nome á série foi destruído e vários persoaxes clave morreron. Segundo o produtor Jack Kenny, “Artie Nielsen [o persoaxe de Rubinek] e mais a súa equipa están na misión de refacer as súas vidas e o irmán Adrian é o seu principal obstáculo para consegui-lo“. A Irmandade descende dos Cabaleiros Templáriois e está conectada co Vaticano. Ao seu cargo está a protección de vários artefactos moi poderosos, un dos cales necesita desesperadamente Artie para facer que todo volva á normalidade.

O problema é que o uso deste obxecto desatará un poder incríbelmente malvado e o irmán Adrian non vai ficar mirando o que pasa. Segundo Kenny, Adrian “dirixe unha seita que é poderosa e ten unha adicación obsesiva e non respeita ningunha regra. A Irmandade fará todo para acadar os seus obxectivos. Teñen guerreiros con talento que están desexando chegar á súa proópia morte se é necesário“.

Spiner e Rubinek xa estiveran xuntos noutra história que xiraba ao redor de artefactos, o episódio The Most Toys de Star Trek: a nova xeración, no que Data (Spiner) era secuestrado por Kivas Fajo, un coleccionista de obxectos raros e preciosos interpretado por un Rubinek daquela con mais pelo (ver imaxe).