Rádio Libre Albemut no cinema

0
222

Rádio Libre AlbemutAtópa-se xa en fase de posprodución o filme Rádio libre Albemut, adaptación cinematográfica da novela homónima do clásico da ciéncia-ficción Philip K. Dick. John Alan Simon é o responsábel do filme, no seu debut na cadeira de director (até agora traballara como produtor e guionsta). Protagoniza a fita Jonathan Scarface, e no reparto figura a cantante Alanis Morrisette.

John Alan Simon leva dende 1999, cando escribiu o guión, tentando realizar a película, pero non se puido rodar até agora por mor dos problemas de finanzación. Segundo o seu director, dous factores lograron que rodara o filme: por unha banda, as novas técnicas do cinema dixital, que pemiten reducir o orzamento nos efectos especiais, e por outra, a inestimábel colaboración dun produtor privado que lera a novela, gustou-lle o guión e decediu-se a aportar os fondos necesários.

Simon tivo claro que quería facer un filme fiel ao espíritu da novela de Dick. Expresou asemade o seu descontento coas adaptacións que polo de agora fixo Hollywood das obras deste escritor. Simon estivo asemade hai un tempo escribindo o guión para o filme Flúan as miñas bágoas, dixo o policía, que ía ser dirixida por Oliver Stone, pero o proxecto frustrou-se.

Rádio Libre Albemut foi un sacrifício financeiro para case todos os implicados no no proxecto. Eu coido que o resultado xustifica o esforzo. Gósta-me pensar que Philip K. Dick estaría orgulloso desta pequena subversiva película“.