Brad Peyton pode ser o director dos Eternos

662

Brad Peyton (Journey 2: The Mysterious Island) podería ser o sustituto de Jeff Wadlow coma director do thriller sobrenatural The Eternals na CBS Films, segundo informan diversas fontes.

A história está ambientada no campus dunha universidade que está enmeigada polos estudantes mortos, aos que non se lles permite contactar cos vivos ou abandoar o campus.

Chris Hauty escribiu o guión, ao que Anne Meredith fixo algunhas correccións. O proxecto estaba previsto para desenvolver hai xa catro anos, pero estas son as primeiras novas que chegan sobre algún avance real na súa produción.