As Tartarugas deberán agardar

0
106

Por terceira vez no que vai do mes de xuño, a Paramount Pictures ven de adiar a estrea doutro dos seus proxectos por vários meses.

Neste caso o filme prexudicado será o relanzamento da franquía das Tartarugas Mutantes, que tiña prevista a súa estrea para decembro de 2013 pero agora deberá agardar até maio de 2014.

Os motivos para o adiamento son problemas co guión, segundo din nos estudos, polo que decediron deter decontado a preprodución que está a se levar a cabo en Vancouver. Os traballadores foron todos despedidos, decíndo-lles que o parón é indefinido. A Paramount non quixo facer declaracións sobre estes feitos.

A Platinum Dunes, a empresa produtora propriedade de Michael Bay, é a encargada do desenvolvemento deste filme, que conta coa dirección de Jonathan Liebesman (Wrath of the Titans) a partir dun guión de Kevin Eastman, Josh Appelbaum e Andre Nemec.

Este atraso é o terceiro que se produce este mes após de que as estreas de World War Z e G.I. Joe Retaliation foran xa adiadas para primeiros de 2013.