A Fox levará o Bárrio Sésamo ao cinema

0
145

A 20th Century Fox ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a mais famosa série infantil de todos os tempos, Sesame Street (o popular Barrio Sésamo).

Após de levar no aire xa mais de catro décadas, os persoaxes desta série, Epi e Brais, Oscar, o Monstro das Galletas, Coco… semellan estar listos para dar o chimpo á pantalla grande unha vez mais grazas a un proxecto que contará co guión de Joey Mazzarino, un habitual dos programas da tele.

Shawn Levy e mais a súa compañía, a 21 Laps banner, Michael Aguilar, Mark Gordon e mais o selo Film 360 de Guymon Casady serán os encargados da produción. O proxecto será o terceiro que leve aos persoaxes da tele ao cinema, após de Follow That Bird (1985) e The Adventures of Elmo in Grouchland (1999).