O Libro da Selva índio é en 3D

758

A compañía de animación índia DQ Entertainment vai lanzar un novo selo adicado a facer longametraxes para o cinema, e o seu primeiro proxecto será un filme en 3D estereoscópico cun orzamento de 45 millóns de dólares baseado no clásico de Rudyard Kipling O Libro da Selva.

As anteriores adaptacións desta obra foron o clásico de debuxos animados de 1967 da Walt Disney e mais unha película con actores reais de 1994 dirixida por Stephen Sommers e protagonizada por Jason Scott Lee e Lena Headey. Ademais está en desenvolvemento outra nova versión, tamén con actores de carne e óso, que producirá a Warner Bros. Pictures.

Jun Falkenstein e mais Kevin Johnson co-dirixirán este proxecto índio a partid dun guión de Billy Frolick. A produción xa escomezou e a estrea está planeada para 2014.