O director de Drive e de Bronson, Nicolas Winding Refn, será o encargado de dirixir e de ser o produtor executivo dunha nova série para a televisión baseada no clásico cómic francés Barbarella.
A Gaumont Intl. Television está atrás desta série, que conta tamén con Martha De Laurentiis coma produtora executiva e para a que aínda non hai un guionista responsábel de contar as histórias deste persoaxe creado por Jean-Claude Forest e que case todo o mundo relembra grazas á película que protagonizou Jane Fonda en 1968 e que dirixiu o seu home Roger Vadim.
Nunha declaración oficial, Refn dixo: “espero ansiosamente dar vida a este persoaxe único para unha nova xeración de fans xa que coido que ela é un dos millores persoaxes da contra-cultura“.
A contratación de Refn para este proxecto non é ningunha sorpresa porque a Gaumont tamén está a producir dúas longametraxes deste realizador, incluindo Only God Forgives.