Downey Jr. en Master Mind

0
206

Robert Downey Jr.Robert Downey Jr. e Tina Fey están en negociacións para lles poñeren as súas voces aos persoaxes do novo filme de debuxos animados da DreamWorks, Master Mind, unha paródia do xénero de superheroes. Esta película será producida pola compañía de Ben Stiller, a Red Hour Films.

Master Mind céntra-se nun falcatruán que perde a súa vontade de vivir despois de matar accidentalmente ao seu archirival. O guión foi obra dunha parella de debutantes: Alan Schoolcraft e Brent Simons. Os veteráns da DreamWorks Animation Cameron Hood e Kyle Jefferson serán os directores.