O novo Parque Xurásico ten algo de símio

0
197

A Universal Pictures vai acelerar o proxecto da cuarta entrega de Parque Xurásico, segundo informaron diversas fontes.

Os guionistas de Rise of the Planet of the Apes, Rick Jaffa e mais Amanda Silver, serán os responsábeis de escribir o argumento deste filme, que contará asemade coa produción de Steven Spielberg e Kathleen Kennedy.

Spielberg non será o director, e polo de agora non hai ningún nome vencellado ao posto.