Looper é mais longo en China

0
171

No que toda a prensa coincide en chamar estraño movemento, os estudos Endgame Entertainment decidiron engadir escenas extra na versión dunha longametraxe que van estrear en China, cando o normal é que as películas americanas teñan moitos menos minutos no país asiático por mor dos recurtes aos que as somete a censura que impón o governo do país.

Así, o filme Looper dirixido por Rian Johnson e que vai sobre viaxes no tempo terá dúas versións: unha que poderán ver en todos os países do mundo, e outra máis longa e mais enfocada en Shanghai que só poderán ver os espectadores chineses.

A história vai sobre un matón (Joseph Gordon-Levitt) encargado de asasinar á xente que provén do futuro, pero un día atópa-se cun grave problema cando lle piden que asasine a unha persoa que resulta ser o seu eu futuro (Bruce Willis). A Endgame Entertainment e mais a DGM (unha produtora chinesa) foron as compañías que puxeron os cartos para facer este filme, rodado parcialmente en Shanghai.

As escenas en cuestión son os intres nos que o protagonista aparece polas rúas de Shanghai. Estas escenas, nas quese poden ver algúns monumentos e lugares importantes da cidade, non terían ningún interese no resto do mundo, polo que a produtora decediu non incluí-las na metraxe final.

Nombergantes, segundo a produtora, as devanditas escenas foron engadidas outra vez na versión chinesa, porque os espectadores daquel país non lles interesa o argumento do filme, senón que queren ver que a súa cidade aparece nunha produción de Hollywood.