O Alquemista de Michael Scott chega ao cinema

0
154

A compañía australiana AMPCO Films ven de se facer cos dereitos para facer unha versión para o cinema da novela de Michael Scott The Alchemyst.

O libro é o primeiro dunha série de seis titulada The Secrets Of The Immortal Nicholas Flamel e que vai sobre un francés nado no século XIV, adicado á procura da pedra filosofal e que seica tivo reputación de se converter en inmortal. A história ten a un par de xemelgos de 15 anos no noso mundo contemporáneo que descubren que o seu xefe no traballo de verán é en realidade Flamel.

Ainda que as novas sobre unha adaptación ao cinema proveñen xa de 2009, esta saga de fantasía xa pasou por unha versión, neste caso coma xogo online: The Codex Master, dispoñíbel neste enderezo Web. O resto dos libros da série son The Magician (2008), The Sorceress (2009), The Necromancer (2010), The Warlock (2011) e The Enchantress, que apareceu en maio deste mesmo ano.

Scott adaptará a súa própia novela á pantalla grande coa vista posta nunha produción que deberá escomezar a primeiros de 2013 en Austrália e Nova Celándia. Mario Andreacchio e Konstantin Thoeren serán os produtores.