O director da saga de Men in Black, Barry Sonnenfeld, semella ter atopado un novo proxecto do seu interese grazas á adaptación ao cinema para a Warner Bros. Pictures dun novo grupo de superheroes procedentes da idade de Prata do cómic, neste caso da editorial DC Comics e da súa série The Metal Men.
A história destes heroes clásicos é a dun experto en intelixéncia artificial chamado William Magnus que crea a seis cyborgs, cada ún dos cales está feito dun elemento químico distintivo da táboa periódica que lle fornece non só dunhas cual;idades únicas para cada ún, senón tamén dunha persoalidade.
Os seis robots son o líder Ouro, o poderoso Ferro, o non demasiado intelixente pero leal Chumbo, o apaixoado Mercúrio, o dubidoso Estaño, e mais Platino (tamén chamada “Tina”), quen coida que é unha muller de verdade e está namorada do seu creador. As persoalidades dos membros do grupo son dictadas por dispositivos chamados responsómetros e ademais os poderes de cada ún veñen tamén dados polas propriedades de cada metal: así, Ouro pode estirar-se case até o infinito, Ferro é moi forte, Chumbo pode bloquar a radiación e cambiar de forma, Mercúrio pode fundir-se e pasar por espazos moi pequenos, mentres que Platino pode estirar-se e aplanar-se.
O mes pasado Sonnenfeld deixara caír nunha entrevista a posibilidade de dirixir un cómic dos anos 60, pero non quixo estender-se mais naquel intre sobre que cómic podería ser.