Os Transformers regresan ao espazo

727

Mália que o guión do filme está ainda a ser escrito e ainda fica moito tempo antes de que escomece a súa produción, Michael Bay xa está a revelar moitas das pistas que nos agardan para a cuarta entrega de Transformers e de feito ten previsto mudar a franquía “cara a algo diferente“, nas súas própias palabras.

Nunha recente entrevista Bay rexeitou chamar “relanzamento” á cuarta película: “non quero chama-lo relanzamento porque a xente coidará que imos facer coma con Spiderman e escomezar dende o princípio. Non tal. Tomaremos a história que xa coñecedes – a que narramos nos tres anteriores filmes – e levarémo-la nunha nova dirección. Pero imos deixar eses tres coma história. Ainda contan“.

Bay dixo que se reuniu recentemente co guionista para lle propoñer algunhas ideias, unha das cales será levar aos Autobots ao espazo: “Seica ese é o lugar ao que ir, nonsí? Quero saír un pouco pero non quero face-lo demasiado ciéncia-ficción. Ainda quero que teña os pes na terra. Iso é o que funciona nestes filmes, o que os fai accesíbeis“.

Bay tamén confirmou que o orzamento para esta secuela será moito menor có da súa anterior película, Dark of the Moon, e pensa rebaixa-lo uns 30 millóns de dólares alomenos.