Atlas rebéla-se de novo en outubro

0
180

Mália o estrepitoso fracaso da primeira parte, seica os produtores non terán inconvinte en seguir gastando os cartos no proxecto de Atlas Shrugged, e asemade o vindeiro 12 de outubro aparecerá a segunda parte. E é que seica cando os obxectivos dun filme non son comerciais senón de propaganda, os cartos flúen con incríbel facilidade.

O filme está baseado no libro Atlas Shrugged (A rebelión de Atlas, en español) da escritora ruso-americana Ayn Rand, publicado en 1957 coa ideia de server coma fundamento das súas ideias político-filosóficas neoliberais e de ultradereita.

O executivo de distribución Bill Lewis (responsábel da saga de Twilight) e mais o magnate do márketing Russell Schwartz (da triloxía de O Señor dos Anéis) veñen de chegar a bordo do proxecto para axudar a impulsa-lo con 15 millóns de dólares extra e tentar que haxa mais salas de cinema que exhiban a fita, cousa que non aconteceu coa anterior entrega, xa que os directivos confiaban en que o tirón de Rand sería abondo para captar aos seus fans americanos.

O produtor Harmon Kaslow dixo á prensa que desta volta investiron dez veces mais cartos para a distribución e que planean abrir o filme en mais de 300 salas.

O mais abraiante para os espectadores será en todo caso que o reparto ao completo do primeiro filme cambiou para a secuela, e os mesmos persoaxes son agora interpretados por outros actores totalmente novos, se ben hai algúns de sona coma Samantha Mathis, Jason Beghe, Esai Morales e D.B. Sweeney.