Tartakovsky animará a Popeye

0
177

Genndy Tartakovsky, creador de séries de debuxos animados coma O laboratório de Dexter, Samurai Jack ou Star Wars: As Guerras Clon, será o encargado para a Sony Pictures Animation de desenvolver e dirixir Popeye, unha longametraxe de debuxos animados xerados por computador e baseada no popular mariñeiro comedor de espinacas.

David Ronn e Jay Scherick (Os Pitufos) serán os que escriban o guión. O persoaxe de Popeye foi creado nas páxinas cómicas dos xornais nos anos 30 e xa pasou pola pantalla grande nunha película de 1980 que dirxiu Robert Altman e que protagonizou Robin Williams.

Avi e mais Ari Arad serán os produtores. Genndy Tartakovsky xa dirixira anteriormente a série de televisión de debuxos As Supernenas (1998–2000) e no cinema está por estrear-se este mesmo ano o seu Hotel Transylvania.