A Paramount creará cómics nos móbiles

0
212

Mission: ImpossibleA Paramount está a producir unha série de cómics destinados ao mercado dos teléfones móbiles baseados nos persoaxes das súas películas, incluindo a franquía de Misión Imposíbel. A Paramount Digital Entertainment asinou un trato coa empresa de animación de Singapur Omnitoons para lanzar séries de cómic estilo manga baseados nalgunhas das franquías máis populares dos estudos de cinema.

Os cómics lanzarán-se en diversos formatos, dende sinxelos paneis até máis de 20 pantallas por episódio. Actualmente, estes cómics están dispoñíbeis en formatos MMS e J2ME nos Estados Unidos, Austrália, Europa e Índia. Os cómics para móbil poderán descargar-se dende as principais redes de telefonía móbil en todo o mundo.

Os estudos pretenden que estes cómics sirvan para apoiar as campañas de márketing co gallo do lanzamento dos seus filmes nas salas de cinema, pero as compañías de telefonía móbil tratarán aos cómics coma contido de pago e só para os usuários que paguen por eles, co que é moi dubidoso que cheguen a ser populares.