Viggo podería facer a súa derradeira viaxe

0
198

Viggo Mortensen ven de recebir unha oferta para protagonizar no papel de Henry Clemens o vindeiro filme de Neil Marshall, The Last Voyage of the Demeter, para a Millennium Films.

Baseada nun capítulo do clásico do terror de Bram Stoker Dracula, a história describe a arrepiante viaxe que levou ao conde vampiro a Inglaterra no Demeter, un veleiro mercante que navegou dende Transilvánia a Londres.

Na novela, Stoker narra a história dende o punto de vista do capitán do barco, que na súa bitácora vai apuntando as incidéncias dunha travesía que escomeza en Bulgária e vai sinificando a morte ún por ún dos membros da tripulación, até que Drácula decide tamén mata-lo a el mesmo.

Lowell Cauffiel escribiu a versión mais recente do guión, que ten moitas coincidéncias coa primeira película de Alien, na que os tripulantes van morrendo un por un por un misterioso pasaxeiro. Ben Kingsley continúa vencellado ao papel do capitán do veleiro.

Mike Medavoy, Arnold Messer e Bradley Fischer serán os produtores.