Nos últimos anos, a indústria cinematográfica e concretamente o mundo da animación consolidou-se coma unha das formas artísticas máis salientábeis. A Fundación Caixa Galicia escolleu a época navideña para levar á sua sede de Vigo a exposición A Noiva Cadáver: do debuxo ao monicreque, unha mostra que revela o talento creativo baixo o que se creou a película do realizador americano Tim Burton.
Esta exposición, integrada básicamente por maquetas, reproducións dos bonecos orixinais e debuxos que formaron parte do storyboard, foi comisariada e desenvolvida por Manuel Meijide e Luís Hernández, da Universidade da Coruña. A Fundación Caixa Galicia estreouna na súa sede da Coruña durante o verán do ano pasado e chegará a Vigo este nadal. A exhibición abrirá o 21 de decembro e ficará na cidade até meiados de febreiro ofrecendo várias actividades paralelas e visitas guiadas.
O estudo de animación Grangel Studio, creado por dous irmáns barceloneses, Jordi e Carlos Grangel, foi o deseñador principal dos persoaxes. Os Grangel levan máis de dez anos traballando para a Dreamworks, a factoría de animación de Steven Spielberg, onde colabouraron en várias películas coma Madagascar ou O príncipe de Exipto.
A súa colabouración co creador de Eduardo Manstesouras escomezou en 2001 e prolongou-se durante máis de tres anos. A exposición de A Noiva Cadáver está composta por material do traballo artístico creado para o deseño dos persoaxes da película. Hai bonecos orixinais, esbozos de Grangel Studios e de Tim Burton e paneis que contan paso a paso o proceso que se seguiu para crear o filme. Os artistas españois debuxaron preto de 450 láminas con creaturas que logo foron animadas sobre escenários dixitais e filmados coa técnica de stop-motion, fotograma a fotograma. Finalmente foron 82 os persoaxes creados. Ademáis, o estudo Grangel tamén ocupou-se do título da produción, as caligrafías para os títulos de crédito, o estilo do merchandising e mais a supervisión da liña de xoguetes que saiu á venda.
Á inauguración na Coruña asistiu a equipa completa de Grangel Studio, Ian Mackinnon e Peter Saunders (fundadores de Mackinnon & Saunders) e Mike Johnson (co-director da película xunto a Tim Burton). Recibiu máis de 60.000 visitantes e cada día completou-se o aforo para 300 personas nas proxeccións que se facían da película na que a participación española foi fundamental.
A exposición ofrece unha visita única polo taller de creación da película de animación da Warner Bros Pictures que foi protagonizada por Johnny Depp e Helena Bonham Carter.