Os Gardiáns da Galáxia, mais preto

808

Cada vez son mais fortes os rumores que apuntan a que a Marvel Studios está a desenvolver unha película baseada nos seus persoaxes dos Gardiáns da Galáxia (Guardians of the Galaxy).

Así, diversos médios informan de que a Marvel ven de se facer con once marcas rexistradas para os títulos, e está a aplicar o nome a diferentes cousas por todo o mundo, incluíndo xoiería, bebidas, mobles, cosmética, xogos de computador, tecidos, comida, papel, entretimento, servizos de Internet e mesmo servizos de tendas de minoristas.

A história orixinal deste cómic creado en 1969 por Arnold Drake e Gene Colans vai sobre un grupo de áliens, os derradeiros sobrevivintes da súa espécie, que viaxan á Terra para protexer ao noso planeta contra unha invasión. A versión moderna (iniciada en 2008) dos mesmos heroes foi creada por Dan Abnett e Andy Lanning e nela os Gardiáns son un grupo de superheroes interestelares que após da guerra contra os Kree atopan os restos do antigo grupo, que os inspiran para crear ún novo.

Polo de agora non hai ningún nome vencellado nin ao guión nin á dirección.