Morte, sexo, violéncia… e monicreques

677

O actor, director e produtor Todd Berger (Kung Fu Panda: Secrets of the Masters) revelou nunha recente entrevista mais detalles sobre o filme que está a desenvolver e que contará con monicreques da factoría de Brian Henson, unha longametraxe de mistério e asasinatos titulada The Happytime Murders, e afirmou que a película intentará ser todo o séria que se pode ser cando ten monicreques coma protagonistas.

Quero facer o Heat dos filmes de monicreques. Quero ser o The Dark Knight ou o Heat pero nun mundo no que os monicreques conviven cos seres humanos. Brian dixo que este filme de mistério necesita ser interesante ainda que lle quites toda a comédia, así que vai ser ainda interesante para mirar“, dixo Berger.

A história vai sobre un detective privado monicreque que é un ex-policía caído en desgraza e que está a lle seguir as pegadas a un asasino en série que metou ao seu irmán e que agora quere matar tamén aos membros dunha famosa série de televisión dos anos 80.

A calificación por idades podería ser un problema para este proxecto, porque polo de agora “é totalmente para maiores de 18“, segundo Berger, que engadiu: “ten sexo, violéncia, asasinatos… non hai xeito. Se cadra con algo de choio podería rebaixar-se a maiores de 13, pero polo de agora estamos na calificación de 18“.