Os Vingadores xa pasan os 1.400 millóns

0
196

O filme da Marvel The Avengers ven de sobrepasar a barreira dos 600 millóns de dólares de recadación nos Estados Unidos, despois de tan só 54 días de exhibición ininterrumpida, o cal a converte na terceira película da história que chega a ese nivel.

Polo de agora está ainda por atrás de Avatar, que fixo 760 millóns, e Titanic con 658 millóns. Ainda que os cartos non paran de chegar, a Marvel coida que chegarán a recadar entre 630 e 640 millóns de dólares.

No mercado internacional o filme fixo 838 millóns de dólares mais, o que ainda que é realmente impresionante non chega aos récords de Avatar ou Titanic, que fixeron 2.000 millóns e 1.500 millóns respeitivamente contando só as salas fóra dos Estados Unidos.

En termons internacionais, Avengers é nestes intres o cuarto filme mais visto da história do cinema, xusto por atrás dos dous filmes de James Cameron e de Harry Potter and the Deathly Hallows Part 2, que fixo 947 millóns.

Se unimos as dúas cifras, entre nacional e internacional, a cantidade recadada por Avengers nestes intres é de 1.400 millóns de dólares (1.125 millóns de euros).