Jack Bender dirixirá a Devolución

604

Jack Bender, un dos habituais directores de séries de televisión coma Alcatraz, Lost e Alphas, será o encargado de desenvolver o thriller Devolution para a Legendary Pictures.

A história está baseada nunha ideia orixinal do escritor de World War Z, Max Brooks, mentres que David Leslie Johnson, o guionista de Wrath of the Titans e The Walking Dead, será quen escriba o libreto. Polo de agora os detalles do argumento non foron desvelados.

Brooks, que tamén ideiou o filme épico histórico sobrenatural The Great Wall para a Legendary, será o produtor. Bender estivo até hai pouco vencellado ao filme de relanzamento de Jack Ryan na Paramount pero tivo que deixar o posto por conflitos de axenda.