Tyler Perry escribe un filme de CF

0
163

O actor cómico e director Tyler Perry (Madea’s Family Reunion) foi un dos moitos desencantados coa recente Prometheus de Ridley Scott, así que ven de anunciar que vai inbtentar facer un filme de ciéncia-ficción por si mesmo.

Mália ostentar a dubidosa honra de estar incluído nas listas de pior director de todos os tempos, en declaracións á prensa dixo: “Gósta-me a ciéncia-ficción, góstan-me os filmes de Alien e mais a franquía de Alien. Fiquei moi decepcionado con Prometheus, pero gosto de toda a franquía. Son os meus filmes favoritos. De feito estou a traballar nunha película de ciéncia-ficción agora mesmo“.

Nombergantes, cando lle preguntaron se podería dicir algo mais, a súa resposta foi: “Non, pero estou a escribir unha película de ciéncia-ficción coa que estou moi emocionado“.