A Mosca Humana terá un filme de seu

0
152

Segundo informan diversas fontes, está-se a realizar un filme independente baseado na Mosca Humana, un persoaxe dos cómics da Marvel dos anos 70.

Alan Brewer e Steven Goldmann fixéron-se cos dereitos do persoaxe recentemente, e coa Eisenberg-Fisher Productions encargándo-se da produción executiva do proxecto, Goldmann dirixirá, mentres que Brewer e James Reach serán os produtores.

Respeito ao persoaxe, hai dúas versións do mesmo, ambas creadas polo lendário Bill Mantlo: a primeira foi un superfalcatruán inimigo de distintos superheroes, incluíndo a Spiderman, pero a segunda é a dun rapaz cuxa identidade se descoñece e que foi ferido gravemente nun accidente de coche. Após dunha cirurxía reconstrutiva, o seu esquelete foi sustituído por aceiro e converteu-se nun dobre ou especialista de cinema que axuda aos nenos con problemas mentres loita con vários criminais.

Obviamente, a segunda será a versión que chegue ao cinema.