Sherlock Holmes contra Frankenstein

952

O director francés Gautier Cazenave, quen polo de agora só contaba no seu haber coa realización da curta Chronophagous (2012), fará o seu debut na pantalla grande coa longametraxe Sherlock Holmes vs. Frankenstein para a Marteau Pictures e mais a Parkland Pictures.

En 1898, Sherlock Holmes e mais o Doutor Watson viaxan a Alemaña para investigaren un estraño caso na vila de Darmstadt. Alí seica hai unha misteriosa figura que está a profanar as tumbas, roubando partes de cadáveres. O detective coida que os acontecementos poderían ter relación coa presenza próxima do castelo de Frankenstein, cuxo nome está asociado coa famosa novela de terror de Mary Shelley. Todo o mundo é sospeitoso…

Cazenave escribiu o guión para este proxecto, que no seu reparto conta con Nicholas Rowe e Alan Cox nos papéis protagonistas e mais co auténtico barón Clement Von Franckenstein no papel do Barón Karl von Frankenstein.

A rodaxe escomezará o ano que ven.