Mais detalles sobre o After Earth de Shyamalan

0
166

O argumento de After Earth, o último proxecto de M. Night Shyamalan, continúa a ser oficialmente un segredo á parte do pouco que comento ua produtora hai meses, polo que os fans reclamaron saciar a súa curiosidade con algo mais que saber que será un filme pai-fillo protagonizado por Will e Jaden Smith.

Pero isto foi até hoxe, cando xa dispoñemos da sinopse oficial completa que fai indicar que este podería ser un filme realmente interesante.

En After Earth, mil anos despois de que acontecementos cataclísmicos obrigaran á humanidade a fuxir da Terra, Nova Prime converteu-se no novo fogar da humanidade. O lendário xeneral Cypher Raige (interpretado por Will Smith) regresa dunha longa xira de servizo xunto á súa família, disposto a se ocupar por fin do seu fillo de 13 anos Kitai (interpretado por Jaden Smith). Pero cando unha tormenta de asteroides dane a nave de Cypher e Kitai, deben facer unha aterrizaxe forzosa na agora non familiar e perigosa Terra. Mentres o seu pai xace na cabina do piloto, Kitai deberá aventurar-se nun terreno hostil para recuperar a súa boia de rescate. Durante toda a súa vida, Kitai nunca quixo nada mais ca ser un soldado coma o seu pai. Hoxe, vai ter esa oportunidade.

Após da mais ca decepcionante actuación de Jaden en Karate Kid, é de agardar que esta vez o fillo de Will Smith sexa digno dun dos xa famosos xiros finais de argumento de Shyamalan.