O novo Spiderman será unha triloxía

0
178

Antes de que se estrea-se a recente The Amazing Spider-Man xa se sabía que a produtora estaba a traballar nunha posíbel secuela. Pero a partir de hoxe xa é oficial que haberá mais Spidermans no cinema.

Así, xusto após da estrea nos Estados Unidos (que foi unha semana despois que en Europa) a páxina oficial de The Amazing Spider-Man en Facebook quixo celebrar o acontecemento cunha nova:

The Amazing Spider-Man é a primeira entrega dunha triloxía de películas que explorará como a carreira do noso heroe favorito foi moldeada pola desaparición dos seus pais“.

E é que mália os augúrios de que o trepamuros sería destrozado polos Vingadores nos despachos de billetes e pola próxima estrea de The Dark Knight Rises, The Amazing Spider-Man fixo 35 millóns de dólares no día da súa estrea nos Estados Unidos, o que supón o récord histórico para unha película estreada un martes. A Columbia Pictures ten polo tanto bós motivos para confiar neste relanzamento, así que xa anunciou a data de estrea da segunda parte, que será o 4 de maio de 2014.

Os expertos din agora que para finais desta semana os benefícios poderían chegar xa aos 150 millóns de dólares. O director Mark Webb revelou que está xa a considerar ideias para a segunda parte, se ben o seu nome é precisamente o único que é dubidoso para o regreso, dado que o reparto asinara para tres filmes dende o comezo.