Un dos grandes acontecementos que se agardan para a ComicCon que se celebrarará a partir do 12 de xullo en San Diego será a presentación do vindeiro proxecto de Neill Blomkamp e do que polo de agora se coñece ben pouco: Elysium. Hai cousa dun ano houbo certo movemento ao seu redor e algunha publicidade viral coa que se puido entrever algo do seu contido, pero dende aquela nada mais. Á parte dun pequeno extracto sobre o que podería ser o seu argumento e das novas sobre probas de pantalla, aí remataron as novas.
Nombergantes, o primeiro raio de luz ven de chegar hai unhas horas grazas a unhas fotos de quen será o protagonista deste filme, Matt Damon, quen aparece coa cabeza rapada e levando un pesado arma de combate.
Elysium é a longamente agardada secuela de District 9. Ambientada no ano 2159, vai sobre como o povo da Terra está a ser asoballado polas privilexiadas elites a bordo da estación espacial Elysium, e de que acontece cando os terrícolas comecen a loitar pola igualdade.
Damon é Max, un ex-convito nunha misión especial, e Jodie Foster é a ruín oficial do governo que está a intentar forzar a aprobación de leis anti-inmigración que permitan que Elysium non sexa invadida polos terrícolas. Sharlto Copley, William Fichtner e mais Alice Braga tamén están no elenco de actores pero polo de agora non se sabe que papeis interpretarán, mentres que Diego Luna fai do millor amigo de Damon e o brasileiro Wagner Moura será un vilán.
O lendário deseñador futurista Syd Mead é o responsábel dos decorados. O filme será estreado o mes de marzo do ano que ven.