A Disney quere outro Hocus Pocus

923

A Disney está a desenvolver paseniño unha secuela da súa comédia familiar de bruxas de 1993 Hocus Pocus.

Hocus Pocus 2 : Rise of the Elderwitch irá segundo diversas fontes internas dos estudos sobre “unha nova risotada malvada que desgrazadamente ficou ceiba de novo na América suburbán“.

Bette Midler, Sarah Jessica Parker e Kathy Najimy protagonizaron o filme orixinal, dirixido por Kenny Ortega, sobre tres bruxas irmás que resucitan en Salem na noite de Halloween, con dous adolescentes e unha nena que tentan dete-las.