Adéus a Ernest Borgnine

0
119

Onte luns día 9 finou por mor dun fallo nos riles o lendário actor de cinema e televisión Ernest Borgnine aos 95 anos de idade. Famoso pola súa faciana cadrada de duro, que nembergantes compensaba cun sorriso no que sempre apareceron uns dentes separados, será relembrado polos fans da ciéncia-ficción polos seus papeis de taxista en Escape from New York, de xornalista en The Black Hole e na mais recente Gattaca.